O embalse de Castrelo de Miño (Ourense) acollía este domingo 4 de abril a segunda regata da Liga Galega Infantil para alevíns A e infantís A e B tanto en K1 como C1 e na que participaban catro infantís do Kayak de Foz: Fran Rubio e os irmáns Xoel, Paola e Naila García Neira.
Na primeira regata da xornada, as rapazas Infantís ‘B’ K1, Paola e Naila García Neira lograron unha sétima e duodécima praza despois de afrontar os seus primeiros 3.000 metros en regata da temporada e manterse nos dous grupos de cabeza, respectivamente.
Antes do mediodía chegaba a regata máis agardada: a dos rapaces da categoría Infantil ‘A’ K1. Entre os 69 padexeiros inscritos, Xoel García Neira, tras unha fantástica pasada temporada, situábase entre os favoritos xunto a Gabriel Pachón do Ribeiras do Tambre e Joaquín Iglesias do Verducido-Pontillón.
Nada máis dar a saída estes tres padexeiros poñían distancia con respecto ós perseguidores. A falta de aproximadamente 150 metros lanzouse o sprint que rematou con Gabriel Pachón cruzando a liña de meta en primeiro lugar con 6 segundos de vantaxe sobre Xoel, segundo, e 7 sobre o terceiro, Joaquín Iglesias.
Clubs
O vencedor por clubs desta regata foi o Náutico de Pontecesures con 2144 puntos, seguido do as Torres-Romería Vikinga con 1647 puntos e do CP Portonovo con 1610 punto.
Con so 4 participantes, o Club Kayak de Foz finalizou a xornada nunha meritoria vixésimo terceira posición cun total de 424 puntos.
*Foto: Fran Rubio en Verducido 2014. Thornado.