Vegadeo, 2 de abril de 2015. Vegadeo acolle a décimo oitava edición da Feira de Stocks entre o venres 3 o domingo 5 de abril. A cita bate o seu récord de expositores ó alcanzar os 70 postos.
No evento estarán presentes os sectores de textil, calzado, mobles, informática, complementos, fogar, libraría, pesca e ferretería. E tamén haberá venda particular, segundo explicou a rexedora municipal, Begoña Calleja, fai uns días. Os expositores chegan procedentes de Asturias, Galicia, Toledo, Madrid, Vizcaya, Cantabria. O 40% acoden á Feira de Stocks de Vegadeo por primeira vez.
A entrada ao recinto, situado no parque feiral, é gratuita. O horario de apertura será de 11.00 a 14.00 horas polas mañás e de 16.30 a 20.30 polas tardes. O comercio de Vegadeo tamén abrirá entre este venres 3 e o domingo 5 de abril.