Site icon Crónica3.com A Mariña

VI Xornadas do Bacalao no Vila do Val

O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, organiza a sexta edición das súas xa tradicionais xornadas gastronómicas dedicadas ó bacalao que se desenvolverán os venres, sábados e domingos dende o 2 de abril ata o 3 de maio. O menú das xornadas, cun prezo de 19 euros por comensal, inclúe aperitivo de benvida e bocadiños de grelos, como entrante, e a continuación pódese elixir entre catro preparacións diferentes con bacalao: Vila do Val, a la vizcaína, Dourado ou ó eneldo. Tamén inclúe sobremesa e café. A bodega á parte. A directora do hotel Vila do Val, María Hermida, anima ós amantes do bacalao “a acercarse a nuestro restaurante a saborear alguna de las propuestas que hemos preparado. Esta cita está consolidada y por eso vuelve año tras año, con alguna novedad”. Para participar nestas xornadas poden reservar mesa a través do teléfono 982 57 16 53 ou do correo electrónico info@hotelviladoval.com.

Exit mobile version