Trátase dunha persoa fortemente vinculada co municipio e cunha dilatada experiencia no Partido, xa que é o actual voceiro do grupo municipal, ademais de presidente da asociación recreativa-cultural “OS DO 21”.
Propostas do programa
Ademais de asumir o compromiso de “traballar por e para O Vicedo”, presenta un programa cuxas propostas están dirixidas, precisamente, a dotar aos cidadáns de servizos públicos que contribúan a mellorar a súa calidade de vida. Por iso, considera que é preciso potenciar os servizos sociais con especial atención ás familias con menos recursos, así como crear un programa de municipal de emprego, a través dun rexistro municipal de demandantes no que todos teñan as mesmas oportunidades é as probas sexan iguais para todos.
Neste senso, anuncia que, se goberna, tamén creará un fondo municipal para axudar a todos os estudantes do concello, dotado de axudas para libros, matrículas, material escolar, transporte, etc.
Candidatura
Para cumprir estes compromisos presenta unha candidatura, formada por 10 persoas “traballadoras, honestas e que coñecen á perfección as necesidades do municipio”. É a seguinte:
Titulares:
1.- Vicente César Parapar Carreja (O Vicedo). Ex funcionario da Xunta de Galicia.
2.- Verónica Canoura Paz (Negradas). Administrativa e presidenta da asociación de veciños de San Miguel de Negradas.
3.- Silvia Pigueiras Blanco (San Román). Administrativa, comercial e camareira.
4.- José Ramón García Varela (Folgueiro). Autónomo do sector da carpinteiría.
5.- Olga Fraga Grandío (Cabanas). Empregada.
6.- Juan Carlos González Trasancos (Negradas). Traballador do sector da automoción.
7.- María Roberta Serantes Debén (O Vicedo). Ama de casa.
8.- María Luisa Oca Timiraos (O Vicedo). Ama de casa.
9.- Luis Lozano Pedreira (O Vicedo). Mestre xubilado.
Suplente:
Francisco José Iglesias Franco (O Vicedo). Xubilado da banca.