Un total de 300 ximnasta procedente de clubs de toda Galicia amosarán as súas destrezas sobre o tapiz. A xornada dividirase entre a exhibición dos conxuntos de Promoción pola mañá, dende as 11.30 horas, e do nivel Escolar pola tarde, dende as 16.00 horas.
A cita tamén contará coa presenza das 6 ximnastas de Porta Norte que representarán a provincia de Lugo no Campionato de España de Base, que se celebrará en Guadalajara entre o 24 e o 26 de abril.