Site icon Crónica3.com A Mariña

Volven os ‘Domingos a pé’ de Ribadeo cun percorrido pola costa de Foz o domingo 19 de abril

Ribadeo, 10 de abril de 2015. A Concellaría de Igualdade ten aberto o prazo para anotarse nos Domingos a pé. A primeira saída deste ano, organizada polo CIM, terá lugar o vindeiro 19 de abril.

Mariluz Álvarez Lastra dixo que “xa son nove anos os que levamos organizando actividades para promover unha saúde integral das mulleres e fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para todas elas”.

A edil nacionalista subliñou que “realizaremos un percorrido pola costa de Foz, por paraxes costeiras que están ao noso carón, pero que moitas veces ignoramos”. A saída terá lugar ás 11:15 da mañá desde a estación do tren de Ribadeo “para pasar unha xornada de ocio entre mulleres, para compartir con outras veciñas e amigas as nosas inquedanzas, para evadirnos das tarefas diarias cotiás, e para facer exercicio”.

As interesadas en participar nesta saída poden anotarse nas oficinas do CIM, na rúa Bos Aires, s/n (auditorio) ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 120 739.

Exit mobile version