Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de apoio ao Mondoñedo FC o domingo día 19

cartel futbolMondoñedo, 15 de abril de 2015.- A directiva do Mondoñedo FC xunto cos hostaleiros da cidade poñen en marcha unha xornada de domingo diferente. Os establecementos colaboradores ofrecen tapas especiais elaboradas para a ocasión bautizadas co nome do club, descontos aos afeccionados que acudan coa bufanda e incluso un lote de produtos que se sorteará durante o descanso do partido entre todos aqueles que anteriormente cuñen a súa cartolina polo menos en tres dos locais participantes.

Esta iniciativa acontecerá na propia cidade de Mondoñedo o vindeiro domingo 19 dende as 12-30 ata o momento do esperado encontro, MONDOÑEDO – FOZ, que terá lugar no Viñas da Veiga ás 17:00 horas.

Baixo o lema de “xuntos conseguiremos a permanencia, Mondoñedo FC somos todos” queren transmitir unha mensaxe de unión para darlle alento ao equipo e axudarlle a acadar a tan ansiada vitoria.

Exit mobile version