(ideoloxía, formación, cultura, cortesía, diálogo, personalidade, suposta honestidade…) temos o dereito cidadán de elixir ós seus dirixentes. E nesas estamos, coas eleccións á vista, ás que se presentan heteroxéneos e distintos grupos, coa artillería emplazada para a loita, por lograr que a súa respectiva recua sente os reais nas poltronas dos diferentes concellos, a cuxos veciños foron presentados oficialmente; acaso eso sí, cuchipanda de por medio, confirmando que segue vixente na crase política a súa tradicional disposición a “fincar o dente”, O combate dialéctico, cos noxentos ataques, reproches, acusacións, reais ou imaxinadas, e os insultos mais ou menos encubertos, xa hai tempo que circulan, se é que algunha vez non o fixeron. Pero din os mais informados, que será a partires dagora, cos candidatos pegados contra as paredes e pendurados das farolas, cando arrecien e suban de tono.¡Qué ledicia, e cánto labor didáctico, exemplarizante, nese empecinamento dos líderes por conducir á cidadanía polos vieiros da cortesía, da cultura e o respecto!. Din que se prodigarán os mútuos reproches, pois hai xentes que, tamén neste eido, entenden que a mellor defensa é un bó ataque, sobre todo cando non hai ofertas honestas e cribles. As eleccións van renovar facianas nas Corporacións. ¿Quere isto decir que renace a esperanza dun novo xeito de gobernar as instancias políticas, do que en boa medida a sociedade está desexosa?. Xa nos contentaríamos só con que non se fixese realidade aquela vella sentencia: “a democracia ofrece cada catro anos a posibilidade de elixir ós que nos van decepcionar”.