Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de entregar os premios ós gañadores do II Certame literario

premios-trasbarTrasbar, 18 de maio de 2015.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organizou o II Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Un día na aldea”. Participaron un cento de persoas nas categorías infantil, xuvenil e adulto.

Nesta edición, o xurado estaba composto por Francisco Piñeiro, Antón Crego e Fernando Gavín, todos eles vinculados ao mundo cultural e ao ensino, e aos que lles agradecemos a súa colaboración con nós.

O fallo do xurado foi o seguinte: Laura García Rodríguez na categoría infantil, Ainhoa Vázquez Reigosa na categoría xuvenil e o grupo do taller de memoria de Trasbar na categoría adultos. Os gañadores recibiron un vale de 100 € para gastar en distintos establecementos. A entrega de premios foi este domingo, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A maiores, toda a xente que participou recibirá o seu diploma.

Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar queremos agradecer a boa acollida deste certame e a alta participación, maior que na edición pasada. Agardamos poder contar coa mesma aceptación en vindeiras edicións deste certame, así como nas actividades que organizamos ao longo do ano.

Exit mobile version