Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa do Bígaro celebrarase en Foz entre o 16 e o 17 de maio baixo a organización do Centro Comercial Aberto

bigaroFoz, 7 de maio de 2015. O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a Festa do Bígaro, na que participarán vinte locais hostaleiros os días 16 e 17 de maio.

Bares, mesóns e restaurantes servirán durante esas xornadas tapas e racións deste produto típico do Cantábrico. Os locais que participan nesta nova cita gastronómica son: A Bolera, As Torres, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Asoalta, Anduriña, A Funcional, O Muelle, Dandy, O Chícaro, Acuario, A Rula, Bar 78, O Lar, O Sera, As Brasas, Casa Damián, Pizzería Xoiña e Leytón.

O Centro Comercial Aberto quere animar deste xeito á xente a achegarse a Foz a disfrutar destas xornadas gastronómicas destinadas a promocionar o bígaro, “un produto moi habitual na zona”.

O CCA conta coa colaboración da Agrupación de Mariscadoras de San Cosme, coa Confraría de Pescadores de Ribadeo e con Concello de Foz.

Exit mobile version