Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a inscrición para o ‘Movemento saudable no forte’ organizado polo CIM de Ribadeo

Ribadeo, 26 de maio de 2015. Movemento saudable no forte, así se denomina a actividade organizada polo CIM de Ribadeo que terá lugar o vindeiro 14 de xuño. Está destinada a toda a familia.

A xornada dará comezo ás 10.30 horas no Cantón dos Moreno, para saír camiñando ata o Cargadeiro. Alí terá lugar a clase de 11.15 a 12.15 horas. E ao remate @s asistentes tomarán uns pinchos tod@s xunt@s.

O prazo de inscrición para participar nesta actividade está aberta na Casa da Xuventude. A cota é de 5 euros. Desde o CIM explican que para asistir “a esta cita para toda a familia é preciso levar gorra para resgardarse do sol e tamén unha botella de auga”.

Exit mobile version