O local de Galipizza en Xixón ten unha magnífica localización, xa que está situado a 100 metros da praia de San Lorenzo, concretamente no número 26 de Calle Playa. Os clientes poden gozar dun espazo duns 300 metros cadrados decorado como unha antiga estación de tren cun toque vintage, que durante a inauguración do pasado xoves viviu o seu primeiro cheo total.
Alí pode degustarse xa a Galipizza, a súa marca patentada de pizza artesanal e que, en lugar da clásica mozarella, cóbrese con queixos galegos. A riqueza dos queixos asturianos abre novas ideas creativas, pois a empresa xa os está probando para as súas próximas pizzas e burgers.
Desde Galipizza móstranse ilusionados con este novo paso diante da empresa: “traballamos en Ribadeo desde 1995 e loxicamente contamos cunha clientela asturiana moi ampla e fiel; de feito cando se celebra un festivo en Asturias temos que ampliar persoal porque se nota a súa chegada. Seguro que os novos locais en Asturias axudarán a ampliar os nosos clientes e a nosa marca por todo o norte de España”.
Esta aposta por Asturias consolidarase nos próximos meses coa apertura dun novo local en Oviedo: “Nos próximos meses abrirán dous novos Galipizza&cia, un no centro da Coruña e outro na rúa Campomanes, en Oviedo. O feito de abrir locais fose de Galicia non supón ningún cambio na nosa empresa, xa que consideramos que tanto Galicia como Asturias son a nosa casa”.