Site icon Crónica3.com A Mariña

AC Francisco Lanza presenta o poemario de Carlos Callón, repartirá reproduccións dos cadriños de Xaquín Marín antes das Letras Galegas

O primeiro dos actos previstos para este mes de maio pola AC Francisco Lanza terá lugar o luns 11 ás 20.30 horas na Casa das Letras. O profesor Carlos Callón presenta “Atravesar o fantasma”, o seu debut no mundo da poesía, logo de títulos de ensaio sociolingüístico.

Na mesma semana repartiranse por establecementos de Ribadeo reproducións de cadriños de Xaquín Marín, á maneira que se fixera hai 2 anos cos de Luís Davila. Esta actividade contará en paralelo cunha exposición deles no CIFP Porta da Auga que colabora nesta ocasión coa entidade cultural.

Está previsto que antes de que remate o mes de maio Xaquín Marín dea unha conferencia arredor do tema da lingua e do oficio de ilustrador en xeral.

E por último, o mesmo día 17 , ás 12.00 horas nas Catro Rúas a A.C. Francisco Lanza, como integrante da plataforma Queremos Galego, participará nunha lectura de textos. Como vén sendo habitual repartiranse marcapáxinas e caraveis vermellos nas librarías da vila para que agasallen as persoas que, nesta data sinalada para a nosa cultura, merquen un libro en galego.

Exit mobile version