Site icon Crónica3.com A Mariña

ACD Xove: sendeirismo pola Fonsagrada

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO pasado domingo 17 de maio, 51 membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, fixeron a Ruta O Camiño da Republica na Comarca da Fonsagrada. Con saída na aldea de Liñares de Bidul e chegada a aldea de A Naraxa, percorreron 22,5 km. dunha Ruta impresionante pola sua beleza natural e paisaxistica (montes autóctonos, encoro de Grandas de Salime, Camiño da República, desfiladeiro do rio Lamas e Praia Fluvial da Pena do Inferno…..etc.). Unha auténtica ruta de sendeirismo, cun día radiante de sol, que superaba os 30º de temperatura. A comida fíxose na Área Recreativa de A Ferrería no río Suarna. O final paseo pola Fonsagrada para tomar un refrixerio.

Exit mobile version