Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos do Día Internacional dos Museos no Museo Provincial do Mar

Victor Villamor16 de maio de 2015.- Co gaio da celebración do Día Internacional dos Museos, o próximo 18 de Maio, a Rede Museística Provincial de Lugo ven de organizar un amplio elenco de actos que no que se refire ó Museo Provincial do Mar concrétanse nos seguintes:

Día 16 de Maio, NOITE DOS MUSEOS

CULTURBAN

A Rede Museística Provincial en colaboración coa USC propón a os creadores, muralistas, grafiteiros e creativos intervir un espazo cedido polo Museo Provincial do Mar buscando unha mirada sostible do patrimonio, que permita de forma armónica o desenvolvemento de ideas e expresións artísticas.

Os que intervirán o espazo do Museo ó longo desta xornada serán o artista plástico Yago Eireos e o muralista Doctor Toy.

Ás 19:00 h. Concerto-obradoiro tradicional de música galega, a cargo de Fábrica de Sons, e co gaiteiro Víctor Villamor.

Día 18 de Maio, Día Internacional dos Museos

Ás 17:00h. presentación do Álbun de Recordos de Mulleres da Mariña e da instalación Redes de Mulleres no Museo Provincial do Mar.

Os membros do Club Sénior do Museo Provincial do Mar, recopilaron a través de fotografías, obxetos e recordos a memoria das mulleres do mar, pretendendo deste xeito visibilizar os múltiples roles desenvoltos pola muller na comunidade mar

Exit mobile version