Site icon Crónica3.com A Mariña

Afan contará cun local na Casa do Mar de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 1 de maio de 2015.- Afan, a asociación de familiares de enfermos de alzheimer e doutras patoloxías neurodexenerativas, contará cun local na Casa do Mar. Así llo comunicaron á presidenta de Afan, Dolores Balseiro, o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e o concelleiro de Economía e Industria, José Casas, no encontro que mantiveron este xoves no Concello.

Durán explica que “ese local acondicionarase para que se converta nun espazo onde eses enfermos poidan recibir atención integral, fisioterapia, apoio psicolóxico, etc. Tamén servirá de respiro aos familiares coidadores. Ademais ofrecerase asesoramento naquelas cuestións que poidan precisar”.

A concelleira de Servizos Sociais sinala que “o acondicionamento realizarase nas vindeiras semanas para que poida ser empregado por Afan o antes posible”.

Exit mobile version