Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprázase o concerto do dúo PiaCell que estaba programado para este sábado na Sala Bahía de Foz

Foz, 21 de maio de 2015.- O concerto do dúo PiaCell programado para este sábado, día 23, na Sala Bahía, dentro do terceiro Festival de Voces Xóvenes A Capela, de Foz, tivo que ser aprazado por motivos alleos á organización.

Pero mantense a actuación prevista este venres día 22 ás 20:30 horas na Sala Bahía, que correrá a cargo do coro do colexio Lois Tobío, de Viveiro.

A terceira edición do Festival de Voces Xóvenes A Capela está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz. Todos os actos son na Sala Bahía con entrada gratuíta.

Exit mobile version