A Concellería de Cultura do Concello de Xove ofreceu este venres unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
E, seguindo coas Letras Galegas, o vindeiro luns 18 de maio, ás 18.15 horas no Salón de Plenos do Concello, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín e os membros do Xurado van facer entrega dos Premios (Lotes de Libros e Diploma Acreditativo) do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2015, que un ano máis organizou a Concellería de Cultura para os nenos/as e rapaces/as do CEIP Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón.