Valadouro, 21 de maio de 2015.- Tras rematar o mitin de Ribadeo, Paula Prado e José Manuel Balseiro, trasladáronse a O Valadouro para arroupar a José Manuel Lamela.
Na casa da cultura de O Valadouro, os populares pediron o voto para o candidato popular e alertaron de que votar a outras forzas políticas que non sexa o PP significa apostar por partidos que se encargan de “mercadear” coa alcaldía desta localidade.
Prado e Balseiro lembraron o traballo de mercader político que exerceu neste municipio o Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Gómez Besteiro, en maio de 2013, quen autorizou un pacto valorado en 100.000 euros para impedir ao PP seguir gobernando malia a ser o partido elixido polos veciños. Manifestaron que son os veciños os que deciden o Goberno co seu voto, non os políticos con cartos.
Así as cousas, Balseiro dixo que desde que gobernan estes señores O Valadouro só é coñecido por malas noticias para os veciños nunca con unha noticia positiva. Indicou tamén que se o PP non gana con maioría absoluta “seguiremos sen goberno como ten acontecido nos últimos dous anos” e, nese senso fixo un chamamento ao voto útil.
Balseiro denunciou tamén o engano electoral que representa as estacas que a Deputación esta colocando e dicindo que vai a ser para o futuro polígono.
“Durante todo estes anos tiveron tempo máis que suficiente para facelo, ademais dixeron e prometeron que o ían facer”- sentenciou o popular, quen manifestou que, agora, a uns días das eleccións fan este teatrillo; pero os veciños deben saber que o custe do polígono é de 1,8M€ e a Deputación a través do Suplusa tan so teñen consignando -pero para toda a provincia- 1,6M€, sen que o polígono do Valadouro apareza nin nos presupostos da Deputación nin nos do Suplusa. “Está claro que é un paripé, que a poucos enganan”, concluíu o popular.
Pola súa banda, José Manuel Lamela insistiu en que os veciños non poden ser os prexudicados das continuas liortas do desgoberno de O Valadouro e pediu o voto para a súa candidatura como garantía de seriedade, unidade e responsabilidade.
Lamela asegurou que afronta por segunda vez o reto de ser alcalde con moita seriedade, polo que elaborou unha lista de persoas honestas para recuperar á alcaldía e rematar así con todos os proxectos que puxo en marcha cando era alcalde.
Convencido de que O Valadouro precisa saír do caos no que está inmerso, Lamela pediu o voto para devolverlle aos veciños o que se merecen e que non reciben dende fai case dous anos. “Eles non poden ser os prexudicados nin teñen por que soportar as continuas liortas e enfrontamentos deste desgoberno”- manifestou.