Site icon Crónica3.com A Mariña

Barcia considera “obxectivo irrenunciable” o polígono do Perdouro

IMG-20150430-WA0008Burela, 1 de maio de 2015.- José María González Barcia, alcalde e candidato á reelección polo Partido Popular, asegurou este xoves nunha reunión mantida con representantes da ACIA local, que “o planeamento, urbanización e posta en marcha do polígono empresarial de O Perdouro é un obxectivo irrenunciable, que sabemos que non é cuestión de corto prazo, pero sobre o que hai que comenzar a traballar”.

Barcia indicou que “gracias ó PXOM, ahora hai dúas zonas de solo empresarial definidas, a de O Perdouro e a de A Puida-Cardoxe. A zona de O Perdouro tén aproximadamente 170.000 m2, dos que 70.000 se deben a que se conseguiu rebaixar a liña de edificación da actual variante, ó pasar de 100m a 25m., algo que tén un enorme significado positivo para Burela pero tamén para os seus propietarios”.

O actual rexedor explicou que “o decantarse inicialmente pola zona de O Perdouro débese a que xa hai actividade empresarial a ambos lados da Travesía de O Perdouro, polo tanto é a zona que por lóxica debería acoller empresas”.

Nese sentido, González Barcia afirmou que “o actual goberno municipal xa tén un estudio sobre dúas posibilidades de planeamento da bolsa de solo urbanizable industrial de O Perdouro, que se debe concretar no próximo mandato. Haberá que buscar moito consenso, pero a deuda histórica que se tiña con Burela por non contar con polígono industrial está pagada parcialmente a través do PXOM e hai que acabar de pagala facendo un polígono que atraiga empresas, que á súa vez xeneren riqueza e postos de traballo, e que asenten poboación na nosa vila. Non é un proceso curto, todo o contrario, levará varios anos, pero hai que continuar o camiño aberto polo PXOM, e hai que continualo canto antes”.

Barcia dixo que “resulta hasta simpático e chocante, vindo de quen vén, que quen hai catro anos decía que non facía falta un polígono industrial en Burela porque xa había moitos na Mariña, e que mesmo sementou dúbidas sobre a legalidade do xa construido, se apunte agora ó polígono de O Perdouro”.

Por outra banda, González Barcia manifestou na reuniòn mantida con representantes de ACIA que “hai que favorecer a instalación de nova actividade empresarial na nosa localidade. Hai un medio para facelo, que xa se aplicou no seu momento, que pasa por aplicar todas as bonificacións que marque a lei en materia de impostos municipáis, como IBI. E a través destas medidas debemos ó mesmo tempo favorecer o emprego xuvenil”.

Ademáis, o candidato popular á reelección e actual alcalde manifestou que “a media que a situación económica do concello continúe millorando, debemos tamén atender ás empresas e actividades económicas que xa están implantadas en Burela, para axudarlles a salir da recesión. Nese sentido, considero que a baixada da contribución urbana para este mesmo ano ó mínimo legal, o 0’40%, vai significar un pequeno balón de osíxeno para os empresarios e autónomos”.

Finalmente, Barcia afirmou que nos próximos días presentarán máis medidas de tipo económico, e mostrouse sorprendido porque “ainda haxa grupos politicos e persoas que piden que se solicite unha revisión de valores catrastráis. Deberían de saber que xa solicitou en decembro e que está a punto de comenzar a elaboración dos traballos de campo a tal efecto”.

Exit mobile version