Barcia afirmou que “nestes catro anos nos que a situación económica non foi precisamente doada, tentamos manter o tipo en materia turística, pero nos próximos catro anos hai que dar un paso adiante”. Para o actual alcalde, “o Barco Museo ‘Reina del Carmen’ tén que continuar sendo un referente na nosa divulgación, agora que ninguén dubida que o PP se preocupou e se preocupa polo barco”.
“A actividade pesqueira tén que estar incluida no plan de promoción a través da organización de talleres nos que se lle explique ós visitantes os distintos tipos de pesca e tamén se lles impartan talleres de carácter práctico, mesmo con saídas ó mar, como se fai noutros portos”, indicou Barcia, “sen esquecer as visitas organizadas e guiadas polo porto, a Confraría, ABSA e as redeiras”.
González Barcia tamén considera “o propio porto como un recurso turístico importante: temos que explicarlles ós visitantes os distintos tipos de actividades e traballos que se dan no porto, para captar o seu interese”.
O actual alcalde afirmou que “para a redacción do plan, haberá que contar coa Confraría, con ABSA, e tamén coas redeiras, e haberá que falar con Portos de Galicia para buscar a súa colaboración”.
Para González Barcia, outro dos aspectos que hai ter en conta na difusión turística de Burela é a zona xeolóxica de Castrelo. “Tan pronto rematen as obras do acceso ó porto, temos que elaborar, de acordo cos organismos competentes, un proxecto de protección e de divulgación desta zona. De protección, para evitar que se deteriore, comenzando por sacar unha zona de residuos que se encontra nas súas inmediacións, e de promoción, para buscar unha vez máis a súa difusión fundamentalmente entre os centros de ensino, desde Primaria á Universidade, tal e como viñemos facendo hasta o momento, pero de certa maneira condicionados polas obras do acceso”.
Finalmente, Barcia indicou que “un bon motor da promoción turística poden ser os establecementos da zona portuaria, mesmo os xubilados da Moncloa, que se poden convertir en guías turísticos para divulgar aquelo que coñecen ben, que é o Porto”.