Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros acollerá este domingo o espectáculo de Mago Rafa titulado “Historias dun ilusionista”

Barreiros, 28 de maio de 2015.- O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá este domingo, día 31 de maio, ás sete da tarde unha actuación do Mago Rafa, que presentará o seu novo espectáculo titulado Historias dun ilusionista.

O Mago Rafa é un artista polifacético que no seu espectáculo mestura o humor, a maxia e as diferentes formas de comunicación.

Este acto está incluído no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Exit mobile version