Site icon Crónica3.com A Mariña

Bernardo Fraga pídelle ao PSOE de Viveiro que deixe de utilizar o Concello como local electoral

Viveiro, 06 de maio de 2015.- En declaracións aos medios, Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía de Viveiro polo BNG, pediulle ao PSOE de Viveiro, que deixe de utilizar o Concello como local electoral. Os nacionalistas, critican a reunión da Alcaldesa, este martes, cos representantes das traballadoras e traballadores da piscina municipal, a dous días de iniciarse a campaña electoral, nun acto de pura propaganda de cara ás eleccións, e que reflexa novamente o uso que fan os socialistas das institucións públicas para a súa propaganda particular.

“O BNG aposta pola xestión pública dos servizos públicos, como a piscina municipal, ademais, se nós gobernamos, melloraremos as instalacións da piscina municipal, a súa xestión, e a calidade e cantidade de servizos que presta aos cidadáns” indicou Fraga.

Bernardo Fraga, declarou “O PSOE de Viveiro tivo nas súas mans a xestión da piscina ata o de agora, puideron facela viable, e incluso garantir a xestión pública xa fai tempo e non o fixeron. Coma sempre, a súa xestión provocou enormes perdas na empresa Turviveiro. O PSOE representa un goberno que chega tarde, carente de credibilidade, incapaz de xestionar con calidade e non merece continuar á fronte do Concello”

Exit mobile version