Site icon Crónica3.com A Mariña

Broche en Pamplona para as laranxas

O CD Burela FS Pescados Rubén porá o broche á competición regular de Primeira División RFEF 2014-15 este sábado en Pamplona, ás 18.00 horas, na pista do CD Orvina.

“Tivemos unha semana moi boa de adestramento, coa boa nova da recuperación de Peque, aínda que de momento non puidemos dispoñer de Lara; coas molestias que sente no nocello vai ser difícil que poida chegar á Copa” reflexionaba así Lucas o transcurso da semana sen contratempos. “Esperamos continuar na boa liña de preparación para a Copa fronte a un equipo que non se xoga nada, pero que quererá despedir a tempada ben ante a súa afección” puntualizaba o técnico sobre o último rival laranxa, 13º clasificado (23 puntos), que non poderá contar con Laura Jiménez, por sanción.

A escuadra mariñá afronta a xornada final na terceira praza a tan só un punto do segundo posto que ostenta Cidade das Burgas, equipo co que ser verá as caras nas semifinais da Copa de España en Navalcarnero o sábado 6 de xuño. “Será o cuarto derbi que nos enfronte esta tempada, con dúas vitorias para nós e unha para elas. Será un partido complicado, pero moi bonito” adiantaba Lucas.

A expedición puxo rumbo á última cita coa liga ás 14.00 horas. Na convocatoria estrearase a ala zurda do equipo filial Carla González.

Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 19. Paula, 20. Carla

Copa de España Navalcarnero 2015
Sábado 6 de xuño:
Cidade de As Burgas – Burela FS Pescados Rubén – 10:30 horas
Atlético Féminas Navalcarnero – Universidad de Alicante – 13:00 horas

Domingo 7 de xuño:
Final: 12.00 horas

Exit mobile version