Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela contará cunha brigada de loita contra os incendios, grazas ao convenio que asinaron o Concello e a Consellería do Medio Rural e do Mar

Burela, 20 de maio de 2015.- O alcalde, José Mª González Barcia, asegurou que Burela contará, ao igual que nos dous últimos anos, cunha brigada de loita contra os incendios. Esta estará formada “en principio” por cinco ou seis persoas.

O rexedor subliñou que “esta medida será posible grazas a unha achega da Xunta de Galicia de 33.000 euros. A brigada deberá iniciar a súa actividade ao longo do mes de xullo. Ademais de participar na extinción de lumes terá coma obxectivo o desbroce de espazos público para evitar incendios. Terá unha importante labor preventiva”.

González Barcia lembrou que “nos dous anos anteriores quedamos moi satisfeitos coa labor desenvolvida pola brigada, que permitiu eliminar a maleza en grande parte do Monte Castelo e tamén noutros lugares e espazos públicos”.

Exit mobile version