Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela mostra ata o 19 de xuño as pinturas de Hipólito Xeada coa exposición “Marexada de cores”

“Hipólito Xeada fai arte ata dos pedacitos de cortiza ciscados pola mesa ó remate do xantar.

Gusto do inmediato. Do instante precioso en que abrolla a idea. Pensa e fai. O talento únese ó oficio, e a técnica adquirida durante anos de estudo á xa dilatada experiencia dun recrear e innovar constante. A súa arte pode cobrar corpo en lenzos diminutos, en grandes composicións ou en figuras de taboas labrada. Ergue o ánimo do cartón e modela a area mollada honrando o fugaz da beleza. Tennos abraiado con paisaxes coñecidas, referentes compartidos, motivos naturais, mulleres e homes con sachos e redes, e tamén con escenas mais persoais, momentos íntimos, espellos que esculcan portas adentro. Obras dun realismo que non deixa de relevar a man do retratismo, ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles que xoga côas cores e peneira a emoción dos escuros.

Hipólito Xeada naceu en Adelán. Grazas a iso non temos que viaxar a Nova York a buscar as súas obras no MOMA”.

Podemos disfrutalas dende este venres 8 de maio, ás 19.00 horas ata o vindeiro 19 de xuño na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.

Despois do acto de inauguración a exposición pictórica “Marexada de cores” poderase visitar de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Exit mobile version