Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela renovará o firme de Leandro Cucurny e da Travesía do Porto

travesia-portoBurela, 6 de maio de 2015. O Concello de Burela renovará o firme das rúas Leandro Cucurny e Travesía do Porto, a raíz dunha subvención que lle fora concedida por parte da Xunta de Galicia, segundo afirmou o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O edil popular indicou que a subvención ascende a un total de 34.992 euros, o 80% da base impoñible. O investimento total, incluído IVE, será de 52.925 euros.

“O tramo de Leandro Cucurny que se renova vai desde a intersección coa rúa da Pedra hasta a intersección con Curros Enríquez e a propia Travesía do Porto”, indicou o concelleiro de Obras, que engadiu que “os trámites administrativos para a contratación da obra se van facer nos vindeiros días”.

Fernández Valle afirmou que “as obras poderían facerse antes das festas; analizaremos os prazos con coidado para non entorpecer a actividade dos cidadáns nos días de festa”.

Exit mobile version