
Regal Xunqueira inaugura a mostra “Cada tema para un loco” o xoves 14 de maio ás 20.00 horas. A exposición conta con obras de A. Coomonte, Lorenzo González, Arturo Martínez, Teresa Sarto, Eusebio San Blanco e Otero Regal – profesores e ex profesores da Escola de Bellas Artes de Salamanca, a excepción de Otero Regal- que baixo o eslogan satírico de “Novas Promesas” mostran as súas creacións. Aproveitarán a viaxe da inauguración para facer turismo e participar nun curso de creación en base a cerámica nos talleres de Otero Regal en Viveiro durante 10 días. Elena Vicente presentará o acto e o catálogo da mostra. Ao seu remate servirase un viño e algo de comer.