Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio advirte da “falta de seguridade nas instalacións eléctricas do parque Martínez Otero”

O candidato socialista á alcaldía de Foz, Jaime Cancio, denuncia unha vez máis ante a opinión pública a falla de seguridade que supoñen para os nenos as instalacións eléctricas do Parque Martínez Otero.

“É tal o estado de abandono que se desprende de ter as farolas sen as debidas tapas das caixas de empalmes o que supón o acceso directo o cableado interno por parte dos nenos usuarios deste parque”.

“Os socialistas de Foz non podemos entender como o Alcalde e o seu equipo de goberno consenten a empresa de mantemento do alumeado público esta situación de perigo pos nenos mentres están gastando diñeiro de todos en un lavado de cara electoralista tratando de facer todo en catro días.
Entendemos os socialistas que estas situacións no se darian si Foz tivera un alcalde e un equipo de goberno responsable que se preocupara por a seguridade dos nenos e veciños en xeral”.

“Pero xa vemos que as preocupacións van por outro camiño para arrapañar unhos poucos de votos mediante a política do alquitrán, o amiguismo e o traballo a dedo para as empresas afíns o Partido Popular”, acusa Cancio.

Nese sentido, “pedímoslle por tanto o Sr. Alcalde baixe do pedestal e faga un esforzo para que se protexan os cables das farolas públicas, cando menos por a seguridade e o ben dos nenos de Foz”.

Jaime Cancio. Candidato do PSOE de Foz.

Exit mobile version