Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio asegura que “o alcalde en funcións de Foz ten a obriga de cumprir os acordos do pleno e non repartir o diñeiro público por simpatías relixiosas”

É moi fácil entender dende o PSdeG-PSOE de Foz as saídas de ton e o nerviosismo do candidato do PP de Foz; debido fundamentalmente a que “sabe que está sen proxecto, sen equipo e sen ideas”.

O candidato do PP a alcaldía de Foz nun debate sobre o programa de xestión recorre ó insulto por falta de argumentos e ademais el mesmo se valora como gañador. “Parécenos, ós socialistas, que lle falta moito para entender como se debate en democracia”, asegura o candidato do PSdeG-PSOE, Jaime Cancio.

Dito isto, os socialistas entendemos que un alcalde en funcións non pode facer o que lle peta cos acordos do Pleno da Corporación Municipal por moitos escritos que lle manden e ademais non pode modificar as axudas nominativas aprobadas, ademais por unanimidade.

O Alcalde en funcións de Foz ten a obriga de cumprir os acordos do pleno e non repartir o diñeiro público por simpatías relixiosas; o diñeiro dos veciños de Foz para entregar o Patronato do Asilo non se pode, legalmente, encamiñar a outro destinatario e entendemos que xa non se debera entregar á porta das eleccións para facerse valer e utilizar o Asilo como argumento para cuestionar a outras institucións.

“Os socialistas decímoslle ó Alcalde en funcións que cumpra a legalidade vixente, porque nos exerceremos os dereitos democráticos e consecuentemente vamos a presentar o recurso correspondente contra o decreto de pago e destino de esa axuda, para defender os dereitos dos veciños tan amplamente como a lexislación nos permita a favor dos dereitos democráticos dos acordos plenarios”.

“Por último queremos recordar ó Alcalde en funcións que estamos esperando que faga público o listado de empresas que fixeron traballos para o concello nestes últimos catro anos mediante o sistema de contratación directa polo ben da transparencia e honorabilidade democrática do Concello de Foz”.

Exit mobile version