Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio comprométese a reordenar as prazas Pardo de Cela e Conde de Fontao

mitin-fozA Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o candidato á alcaldía Jaime Cancio queren expresar o seu agradecemento ós veciños da Rúa Paco Maañón, Praza Pardo de Cela, Praza Conde Fontao e zonas limítrofes porl su participación na xuntanza/mitin que a nosa candidatura tivo o martes 12 de maio na Praza Pardo de Cela deste barrio do núcleo urbano de Foz.

Sentímonos por tanto arroupados polos veciños que estiveron con nos para escoitar e aclarar mediante o diálogo cos nosos candidatos o programa do Partido Socialista e recoller de primeira man as queixas que consideraron oportunas.

Entendemos con claridade as queixas que nos fixeron chegar os veciños que teñen acceso a súa vivenda por esta praza, expresando con claridade como non foron escoitados cando se fixo a reforma polo actual equipo de goberno.

Entenderon con facilidade a distinta forma de gobernar dos socialistas o antepoñer o diálogo e o consenso ante as reformas que afecten á normal convivencia cidadá. Por iso, alí mesmo na praza, comprometémonos a reordenar a Praza Pardo de Cela e convertela, mediante o consenso, nun lugar comercial e de lecer agradable para os veciños.

O mesmo nos comprometemos por escrito debidamente firmado, polo noso secretario Xeral e o noso Candidato a alcaldía de Foz, cos veciños da Praza Conde Fontao para reordenar o tráfico rodado que afecta ós residentes, e que poidan facer carga e descarga de mercadorías ou persoas cos seus propios medios ou calquera dos medios de transportes autorizados.

Así pois, unha vez máis, os socialistas de Foz demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista está pensado por e para os veciños desde unha forma distinta de gobernar.

Jaime Cancio, candidato do PSOE de Foz.

Exit mobile version