Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancio critica o descoido do saneamento da Espiñeira por parte do grupo municipal de goberno de Foz

Foz, 17 de maio de 2015.- En días pasados, o PSdeG-PSOE de Foz recibiu as queixas dos veciños de A Espiñeira, na parroquia de Vilaronte, polo mal estado en que se encontra o saneamento na proximidade das casas e da depuradora.

O problema principal está nun rexistro que en días de choiva ou outras inclemencias non da o suficiente paso e consecuentemente destapase e desborda provocando perigo de inundacións nas vivendas próximas, ademais dos cheiros, criadeiro de ratas e outros inconvintes de paso na pista afectada.

Este e un asunto que foi comentado no concello sen que ninguén, nos anos de goberno do PP, fixera caso das súas queixas e trataran de solventar o problema.

Os socialistas entendemos que neste barrio de Vilaronte, que o Señor Alcalde en funcións que non coñece en demasía, séntense esquecidos por o actual goberno de Foz que tampouco lle pide responsabilidades a empresa de augas por a fuga que leva varios días escorrendo por o Campo da Feira sen que ninguén faga nada por reparalo.

Pedímoslle por tanto o Alcalde e o seu equipo de goberno, en funcións todos eles, se preocupen un pouco do abandono que sofren os veciños e arranxen estas avarías e deixe de gastar os cartos do pobo tirando grixo electoral por as pistas da concentración sen facer una reparación seria e xerando un perigo para vehículos e peóns.

Exit mobile version