Site icon Crónica3.com A Mariña

Cantacontos no Vicedo

Este mércores 6 de maio ás 17.30 horas na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha nova actividade de animación á lectura. Trátase de “Cantacontos”, un espectáculo de Raquel Galavís onde música e historias se entrelazarán para configurar esta actividade de animación á lectura que forma parte do programa LER CONTA MOITO, cofinanciado polo Concello de O Vicedo e a Consellería de Cultura. A actividade está destinada e nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria e é gratuita. A actividade está aberta a nenos e nenas de toda a comarca.

Exit mobile version