Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea dos grupos de teatro de Foz

cea-teatro-fozO Concello de Foz organizou unha cea cos grupos de teatro do municipio para agradecerlles a súa colaboración no programa Teatro nas Parroquias. O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, participou nesa xuntanza cos integrantes dos catro grupos de teatro afeccionado que hai no municipio: O Batán, de Cangas; Adala, de Fazouro; Pico do Castro, de Foz; e Axóuxeres, de Vilaronte. Ánxel Paleo entregoulles un obsequio institucional e destacou que “dende o goberno local sentímonos tremendamente orgullosos de ter estes grupos funcionando a un altísimo nivel e ademais sempre están dispostos a colaborar de maneira altruísta para divertir aos veciños”.

Exit mobile version