Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrada a I edición da Toxiza Classic Xtreme de Lourenzá

IMG-20150503-WA0024Lourenzá, 4 de maio de 2015.- Este pasado domingo 3 de maio o CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ xunto coa comisión de festas de AS SAN LUCAS organizaron a TOXIZA CLASSIC XTREME; unha espectacular carreira de montaña que conseguiu reunir a 63 atletas, procedentes de localidades moi diversas, na praza da catedral de Mondoñedo dispostos a percorrer os montes máis emblemáticos da zona ( A Toxiza, A Pena da roca e a reserva natural de A Fragavella).

O tempo,que non axudou moito nesta proba de 40 km, non fixo decaer o ánimo destes valientes atletas que pouco a pouco foron chegando de volta á praza da catedral de Mondoñedo, punto de partida e fin deste fermoso reto.

FERNANDO ARCA CASAL (con un tempo de 3h 26´01´´), DANIEL FERNÁNDEZ CORVO (3H 28´06´´) e FERNANDO CANCELO BARBEITO (3h 42´19´´) foron os primeiros en entrar en meta. Detrás deles outros nomes destacados como: PACO GUEIMUNDE (3h 44´39´´), SIRO MASEDA (3H 53´14´´), PABLO LÓPEZ CALAZA (3H 57´00´´) e o mindoniense XOAN RODRÍGUEZ ( primeiro veterano en chegar á praza da catedral con un tempo de 3h57´45´´).

Sublime a ferrolana QUIRINA DIAZ SEOANE primeira e única atleta femenina nesta proba que culminou a meta con un tempo de 5h 43´55´´.

O CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ tivo representación na “Toxiza Classic Xtreme” grazas a Martin Pardiñas, Luis Graña, Marcos Rodríguez e Alex Villalba;os dous últimos foron os encargados de acompañar ós derradeiros atletas durante a carreira.

Ás 15:00 h e tras a entrega de premios serviuse unha comida para os corredores, acompañantes e organización no colexio público de Mondoñedo.

Pasado o día e tras varias felicitacións recibidas o Clube de atletismo Lourenzá quere agradecer a participación de todos os atletas así como a excelente colaboración recibida por parte dos comerciantes de Mondoñedo.

Exit mobile version