BURELA, 18 de Maio de 2015.- Ciudadanos Burela creará un Museo Castrexo en Burela se os cidadáns elixen á candidatura encabezada por Manuel Vicente González para detentar responsabilidades municipais. Este compromiso é un dos que figuran no programa desta formación en materia de Cultura, Deportes e Mocidade.
O cabeza de lista en Burela, asegurou que C’s velará por salvagardar e defender o patrimonio local. “Estableceremos vínculos coa sociedade civil como parte activa na súa protección. Promoveremos a difusión e o coñecemento do patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, cultural e natural no ámbito municipal e por iso cremos que unha boa forma de materializar estes obxectivos é a creación dun museo dedicado á Cultura Castrexa”, sinalou Vicente González.
MOCIDADE
Outro dos compromisos de Ciudadanos nestes comicios municipais é a creación dun órgano consultivo que teña por finalidade velar porque as iniciativas municipais teñan en conta as necesidades específicas de apoio á mocidade, respectando a liberdade persoal, ideolóxica e relixiosa; en canto a educación, transporte, promoción profesional, cultura, saúde, deporte e lecer. “Realizaremos anualmente unha Audiencia de Mocidade para que os alumnos dos Institutos do municipio poidan trasladar ao concello o resultado do seu análise e posta en común dos aspectos de Burela que máis lles afectan”, dixo o alcaldable aos comicios do 24-M.
CULTURA E DEPORTE
Así mesmo, promoverán a integración de todas as culturas de Burela, apoiarán activamente a cultura musical e ás asociacións e colectivos do término municipal “de forma xusta e sen excepcións”. Tamén potenciarán o deporte basee como ferramenta educadora e facilitarán o acceso á Cultura e ao Deporte para todos os bureleses e burelesas, a través duns bonos sociais.