Burela, 16 de Maio de 2015.- Ciudadanos quere dar un cambio a Burela, mostra diso son as súas propostas para o mandato 2015-2019 no apartado de infraestruturas. Trátase concretamente de dous proxectos deportivos: Unha piscina climatizada e un novo pavillón de deportes.
O cabeza de lista de C’s, Manuel Vicente González, referiuse á piscina climatizada recordando que Burela é un dos poucos concellos da bisbarra que non posúe este servizo, “tendo que ir os nosos veciños a concellos máis pequenos, pero con ese servizo, contribuíndo a mellorar as contas desas instalacións”.
En similares termos referiuse ao pavillón deportivo: “Burela non ten ningún pavillón de deportes, xa que as instalacións que temos son pistas deportivas anexas a centro educativos, que no caso da de Vista Alegre, se lle fixeron distintas actuacións para intentar adaptalas ás necesidades reais que Burela necesita” recalcando a continuación que este municipio é o único que ten dous equipos en primeira división de fútbol-sala, ademais de todos os equipos de base que traballan na vila. “Cremos que un novo pavillón non só é unha infraestrutura moi necesaria, se non que é unha débeda que se prometeu moitas veces e que Ciudadanos Burela quere realizar” asegurou Manuel Vicente.
Centro cívico
Cudadanos Burela cre que é importante impulsar un gran centro cívico, onde flúa o ocio e a cultura, convivindo as 43 cultura que ten Burela agora mesmo. Reflectindo a multiculturalidade que ten Burela e resaltar a riqueza que ten. Así mesmo consideran de suma importancia envorcarse nos festexos do concello e potencialas conxuntamente con asociacións e colectivos. Potenciar a Feira do Bonito e traballar para conseguir que algunha outra das festas que ten Burela poida chegar a ser de interese Turístico.