Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso fai a súa proposta de medidas de atención municipal ós cidadáns de Burela

1b6e3c886116ec87f880e4b82fd033c4Burela, 19 de maio de 2015.- Este martes, os membros da candidatura de Compromiso en Burela concentráronse diante do Concello para propoñer as seguintes medidas:

Co Goberno de Compromiso en Burela aumentará o horario de atención cidadá, o Concello estará aberto 3 tardes á semana co gallo de facilitar trámites e xestións os veciños.

Do mesmo xeito instalarase un servicio informático de atención 24 horas para trámites e xestións, Burela debe de contar cos servicios de calquera cidade.

Afirman que farán isto sen ter que variar o cadro de persoal, simplemente organizando ben os servizos e racionalizando o cadro de empregados.

Do mesmo xeito neste acto criticaron a deixadez dos nosos xestores, as entidades bancarias cobran os veciños de Burela 1,5€ por xestión dos pagos. Esto nalgún caso supón aumentar o gravamen en case que un 40%, simplemente pola deixadez da labor de goberno. Non dan arranxado isto e queren facernos crer que van facer un pavillón de 3 millóns.

Exit mobile version