Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Burela reúnese con MariñaPatrimonio para “xerar impacto económico co aproveitamento do noso patrimonio”

Compromiso por Galicia/Concellos transparentes vimos mantendo reunións con colectivos, enmarcada neste ámbito, vimos de xuntarnos con MariñaPatrimonio. Esta reunión frutífera e didáctica valeunos para marcarnos a meta realista de xerar emprego e impacto económico co aproveitamento do noso rico patrimonio. Sobre estes eixos,

1. Posta en valor dos tres grandes xacementos de Burela: Os Castros, Brinculeira e Castrelo. Mediante un programa de arqueoloxía social ataeremos visitas.
2. Escavación e posta en valor da zona de Os Castros, de forma efectiva e facendo implicar os veciños, potenciarase esta zona, que os expertos catalogan como importante.
3. Coidado e posta en valor de Brinculeira, itinerario explicativo e potenciación dos petroglifos(BIC) que o Concello ten olvidados e obviados. Perdendo un atractivo turístico.
4. Centro de interpretación de todos os restos e achadegos.
5. Estudio e protección da zona de Castrelo, zona romanizada.

Queremos denunciar publicamente a falta de sensibilidade dos distintos gobernos de Burela, xa que para potenciar, defender e promocionar o noso patrimonio non fan falla grandes inversión senón que, compromiso político.
Do mesmo modo entendemos que os veciños dos Castros están pagando impostos de forma inxusta tendo en conta que viven nunha zoa afectada polas leis de conservación, e no PXOM actual parte da zoa, figura como urbano, co conseguinte gravamen, sen ter as mesmas garantías de aproveitamento.

Nosoutros comprometémonos a modificar esta situación e a compensar os veciños por esta desfeita e falta de planificación, iniciada polo PSOE-BNG e rematada polo PP.
O turismo de patrimonio e un turismo que Burela precisa e que esta totalmente abandonado, por iso COMPROMISO apostará dende o goberno por a súa explotación racional. Tal e como se reflexa no noso Contrato Electoral, MUSEALIZACIÓN DE BURELA: RENDIMENTO DO PATRIMONIO ARQUEOLOXICO, XEOLOXICO E PAISAXISTICO

O COMPROMISO coa conservación do pasado é garantía de futuro.
Patrimonio de antergos futuro das nosas crianzas.

Juan Carlos Piñeiro Docampo
CANDIDATO

Exit mobile version