Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso x Burela propón á nova corporación que “os plenos sexan emitidos pola emisora pública municipal”

O candidato de Compromiso x Burela á alcaldía recorda que “no día de onte 4765 burelaos decidiron outorgar a maioría absoluta ó PSOE” e “dende Compromiso por Galicia/Concellos Transparentes de Burela queremos publicamente felicitar ós gañadores dos comicios e tamén ó resto de grupos con representación PP e BNG”.

Así mesmo, agradecen ós 199 votantes da nosa candidatura e transmiten publicamente o seu compromiso co municipio. “En datas vindeiras organizaremos o partido e faremos o mesmo labor de oposición e de control que se tivésemos representación”. “Vimos para quedarnos”, asegura.

Nunha análise máis polo miúdo explica que, como nota negativa, é preocupante a baixa participación histórica, que demostra a desafección política; así coma o 3,4% de votos nulos e o 1,85 % en branco.

“Seguimos a votar de menos un debate público”, a pesar de que “estamos contentos pola campaña realizada e estamos en disposición de seguir traballando por Burela dende o lugar que ocupamos”

A súa primeira proposta á nova corporación é “que os plenos sexan emitidos pola emisora pública municipal”.

Juan Carlos Piñeiro Docampo
COMPROMISO POR GALICIA/BURELA

Exit mobile version