Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Asociación Galiza co Galego o 17 de maio de 2015

16 de maio de 2015.- Galiza co Galego manifesta o seu apoio a todos os actos que se desenvolvan en favor do idioma de Galiza durante este 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Galiza co Galego diante dos datos que reflicten un descenso no uso do galego comparte os temores manifestados pola Real Academia Galega, universidades e distintas asociacións.

Galiza co Galego reafírmase na necesidade de garantir o uso da nosa lingua na infancia para transmitir o noso idioma ás futuras xeracións.

O proxecto desenvolvido pola Cooperativa de Ensino Popular Avoaescola vai na dirección de usar naturalmente a lingua propia de Galiza.

Son as persoas socias e amigas de Galiza co Galego co seu traballo, esforzo e achegas económicas as que fan que a Escola Infantil Avoaescola de Ferrolterra –nun ambiente cordial, cooperativo e en colaboración coas familias– contribúa ao seu emprego e transmisión.

Reclamar e manifestarse é importante, máis facer é imprescindíbel; porque o galego sen infancia non ten futuro.

Exit mobile version