Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituída Novas Xeracións en O Valadouro con Edgar Cao de presidente

Valadouro, 11 de maio de 2015.-. O candidato á alcaldía polo Partido Popular no Valadouro, José Manuel Lamela, e o presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo, Daniel Vega, mantiveron unha xuntanza con mozos da localidade para constituír a agrupación xuvenil nesta localidade.

Da xuntanza mantida saíu constituída a agrupación xuvenil que preside o mozo Edgar Cao. A vicepresidenta elixida foi Giovanna Rodríguez e o secretario xeral Rafael Castro. Trátase dun equipo formado por quince persoas, entre as que tamén figuran: Nuria Sande, Senén Castro, Nerea Pena, Daniel Cuba, Andrea Cabanas, David Vila, Ángel Casabella, Bruno Maseda, Adrián Cao, Bruno Vicente, Jessica Méndez e Félix Galdo.

O presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo agradeceu a implicación dos mozos do Valadouro e trasladoulle o seu apoio e respaldo dende a formación provincial ao tempo que os animou a traballar pola defensa dos intereses da xuventude deste concello.

Pola súa banda, Lamela tamén reiterou o agradecemento aos mozos que decidiron integrarse no proxecto do Partido Popular do Valadouro , que ve na xuventude a base fundamental. “Necesitamos sabia nova, ter coñecemento directo do que necesitan e piden”, explicou Lamela, quen dixo que os mozos “están a dar un gran paso, estanse a comprometer co Valadouro e co seu benestar”.

O vindeiro día 21 de maio, a agrupación xuvenil presentarase ante os afiliados, militantes e simpatizantes de O Valadouro.

Exit mobile version