Site icon Crónica3.com A Mariña

Conta atrás para a III Carreira Popular das Praias

carreira-praiasO vindeiro domingo 17 de maio celebrarase a terceira edición da Carreira popular das praias, unha das probas populares máis bonitas da xeografía galega e asturiana debido á contorna no que se celebra.

Trátase dunha carreira popular cun circuíto de case 11 km que transcorre nun 90% pola propia area das praias de Barreiros (Lugo).

A saída será en Punta Anguieira e percórrense as praias de Altar, San Bartolo, Remior, Fontela, Valea e Lóngara.

Tamén hai carreiras para os máis pequenos con distancias desde os 50 m (pitufos) ata os 3.000 m cadetes, todos estes en a praia de Altar.

A carreira adulta será a partir das 10.30 horas (hora da baixamar), mentres que as carreiras infantís serán a partir das 12.00 horas.

“É outra boa oportunidade para practicar deporte e achegarse en familia á praia”, aseguran dende a organización.

Toda a información da carreira, así coma os procedementos de inscrición pódense consultar en www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com e tamén se pode chamar ó teléfono 649 57 13 60.

O prazo de inscrición para adultos remata o xoves 14 de maio, mentres que os nenos poderán inscribirse ata media hora antes da carreira, aínda que se recomenda a inscripción anticipada.

A carreira organízana a Peña Barcelonista San Miguel, Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma e Actiboot.

Exit mobile version