
Cervo, 14 de maio de 2015.- O Concello de Cervo organizou unha excursión a Xixón na que participaron 52 persoas e que se incluíu no Programa Complementario do XXXII Día do Xubilado. Unha viaxe na que os participantes visitaron o acuario e coñeceron a cidade. A seguinte saída está prevista para o 11 de xuño á Semana Verde de Silleda.