Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrota para o Ribadeo no campo do Rápido de Bouzas (2-1)

O Ribadeo FC cae ante o Rápido de Bouzas e descólgase dos postos de cabeza. A pesar de que o Choco certificaba a cuarta praza ao sumar 3 puntos ante o Depor B, os mariñáns puideron atar a sexta posición cunha vitoria en Vigo. Non foi así e caen relegados á oitava posición por detrás do Racing Club Villalbés que apreta a recta final da temporada.

A vindeira e última xornada, os celestes medirante no Pepe Barrera a un irregular As Pontes nunha data aínda por determinar debido á folga.

Santi puido aproveitar unha clara ocasión ós 10 minutos do inicio do partido para adiantar ó Ribadeo no marcador, pero a saída do porteiro local evitou un gol cantado. A pesar das numerosas ocasións para o Rápido, o gol chegaría de penalti no minuto 32.

Os mariñáns sumaban oportunidades a balón parado e nunha falta a poucos metros da área, chegaba o gol do empate a poucos minutos para o final do encontro.

Finalmente, no 92 o Rápido de Bouzas marcaba o gol da vitoria local (2-1).

Exit mobile version