O mes pasado o club mariñán tamén compartiu experiencias cos preto de 60 pequenos/as, de entre 6 e 12 anos, do CEIP Terra Chá de Vilalba, con Jorge Bellvert, Carlitos, Cris e Juanma Marrube. Mañá, San Miguel de Reinante será o destino da filosofía burelista; colexios de Xove, Mondoñedo, Foz e Covas tamén recibirán a visita da Familia Laranxa nas vindeiras semanas.