Site icon Crónica3.com A Mariña

Detidos tres menores como supostos autores dun delito de roubo na cafetería do IES San Rosendo de Mondoñedo

19 de maio de 2015. A Garda Civil detén na localidade de Mondoñedo, a tres menores de idade como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas e dunha falta de danos.

Os feitos ocorren na cafetería do Instituto de Mondoñedo o pasado 1 de maio cando os supostos autores cometen un delito de roubo. Así mesmo, esclarécese unha falta de danos no polideportivo da mesma localidade cometido o día 2 do actual, sendo os presuntos autores os mesmos agora detidos.

Os presuntos autores póñense a disposición da Fiscalía de Menores.

Exit mobile version