Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do I Concurso de Debuxo do Día da Nai de ACISA/CCA Ribadeo

070515 Foto premiados Acisa RibadeoRibadeo, 7 de maio de 2015.- O presidente de ACISA/CCA Ribadeo, Francisco Iriarte, e a xerente, Xana Arias, fixeron na tarde deste xoves entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de Debuxo do Día da Nai. Na categoría de 3 a 6 anos o gañador foi Fernando Ribes, de 4 anos e do colexio Sagrado Corazón, que entregou o seu debuxo en Mercería Torviso. O segundo premio foi para Antón Refojo, de 3 anos, que fixo entrega do seu debuxo en Bis a Bis. Neste caso recolleron os seus premio o seu primo Diego González e o seu papá. E na categoría de 7 a 12 anos a gañadora foi Andrea Rodríguez, de 8 anos e do colexio Gregorio Sanz, que entrego o seu debuxo en Bis a Bis. E o segundo premio foi para Ariadna Pumares, de 7 anos e do colexio Sagrado Corazón, que tamén entregou o seu debuxo en Bis a Bis. L@s niñ@s gañadores recibiron un diploma e un regalo en recoñecemento á súa participación no concurso. E as súas mamás bonos de beleza para consumir en IMAGN 365 e en Perruquería Carmen.

Exit mobile version