Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres á tarde inaugúrase na Casa da Cultura de Burela a exposición de Hipólito Xeada “Marexada de cores”

Cartel XeadaBurela, 8 de maio de 2015.- Ata o 19 de xuño pode verse na sala de arte da Casa da Cultura de Burela a exposición Marexada de cores de Hipólito Xeada Pena.

A inauguración da mostra tivo lugar ás 19 horas deste venres. Despois a exposición deste artista mariñán estará aberta de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, segundo informa a Concellería de Cultura.

Hipólito Xeada naceu en Adelán (Alfoz). “Conta con obras dun realismo que non deixa de revelar a man do retratismo ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles, que xoga coas cores e peneira a emoción do escuros”, sinalan desde a organización.

Exit mobile version