Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito dos atletas da ACD Xove nos provincias de atletismo en pista

O pasado domingo 17 de maio celebrouse en Lugo o Campionato Provincial de Atletismo en Pista para o que a ACD.XOVE tiña clasificados a 6 atletas.

Ó Campionato Provincial so puideron asistir 4; debido a dous deles, coas mellores marcas en velocidade e peso nas clasificatorias, celebraban a súa Primeira Comunión: Xenxo Salgueiro e Mateo Deán.

Os resultados foron:
Diego Fernández Vicente (Categoría Infantil)
– en 80 m vallas: Medalla de Plata.
– en 1000 m lisos: Medalla de Ouro.
– en salto de lonxitude: Medalla de Plata.

Tanto en pista como en camo a través, Diego logrou subir ó podio en todas as probas nas que participa.

Lucas Mazana Rodriguez (Alevín)
– en salto de lonxitude: Cuarto Clasificado
– en lanzamento de peso: Medalla de Bronce.

Alevín de primeiro ano con moita progresión: de seguro que o vindeiro ano o fará tamén moi ben.

Carlota López (Benxamín): décima en salto de lonxitude.

Rebeca Villamayor (Infantil): 16ª en salto de lonxitude.

Exit mobile version